Décima. RECLAMACIÓNS POR SUBSANACIÓN E CORRECCIÓN DE ERROS
Os solicitantes poderán presentar reclamación á súa asignación de prazas no prazo de tres
días hábiles seguintes á publicación da listaxe correspondente. A reclamación, deberase facer
a través do formulario que figurará na páxina Web da CiUG:
https://ciug.gal/gal/admision-sug
A CiUG valorará a solicitude e se o considera necesario poderá solicitar documentación
complementaria para a axeitada valoración da mesma.
A resolución da reclamación á CiUG e será asinada polo delegado do reitor da
universidade en que se imparta a ensinanza universitaria obxecto da reclamación. A resolución
da reclamación ponlle fin á vía administrativa. Con carácter xeral, non se producirá unha
comunicación individualizada a cada reclamación.
O resultado da reclamación considérase
comunicado ao interesado ou interesada a través das listaxes de asignación de prazas e
indicarase, se é o caso, o prazo para matricularse.
Entiendo q no te van a comunicar nada, y hoy debería aparecer corregido en las listas, seguramente incluso los puestos de la lista se corregirán, pq las anulaciones de matrícula no se corrigen hasta q sale la nueva lista.