En Santiago, te lo pongo en Gallego pero se entiende, si algo no entiendes pregúntame.Que es la dispensa para asistir a clase?
Causas para solicitar a dispensa:
a) Enfermidade grave ou tratamentos médicos inaprazables que impidan a presenza no centro do
estudantado, debidamente acreditado polo servizo de saúde público.
b) Embarazo de alto risco, ter menores a cargo de ata 3 anos de idade e coidado de persoas dependentes
a cargo ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, debidamente acreditados.
c) A prestación de servizos por conta allea ou por conta propia debidamente acreditada (é dicir, alta
no Réxime Xeral ou no de Autónomos da Seguridade Social, copia do contrato e do horario de
traballo ou dos encargos a realizar, copia do recibo de pagamento da última cotización) e sempre
que non se poida acoller ao réxime de matricula a tempo parcial.
d) Situación de acoso, violencia de xénero ou similar así como supostos de adopción de medidas
cautelares ditadas en procesos xudiciais e expedientes disciplinarios.
e) Calquera causa de forza maior debidamente acreditada a xuízo da Xunta de centro ou comisión
competente.