Confirmado en la página web de la ciug, esta mañana estaba modificado.
Esto es lo que pone:
h) Titulados/as de Ciclos Formativos (LOE).
A nota media do expediente académico calcularase mediante a suma das cualificacións
numéricas dos módulos, cualificados de 1 a 10, sen decimais, e dividindo o resultado obtido
polo número total destes. Aos efectos do cálculo da nota media, non será computado o módulo
de formación en centros de traballo, nin aqueloutros módulos que fosen obxecto de validación.
A nota media do expediente expresarase con dúas cifras decimais e arredondada á centésima
máis próxima e en caso de equidistancia á superior.
A nota de admisión calcularase coa seguinte fórmula:
Nota de admisión = NMC + a * M1 + b * M2
NMC = Nota media do ciclo formativo
M1, M2 = As dúas mellores cualificacións dos módulos do ciclo formativo de grao
superior, quedando exceptuados os módulos de formación e orientación
laboral, formación en centros de traballo e empresa e cultura
emprendedora
a, b = Parámetros de ponderación dos módulos do ciclo formativo
A nota de admisión incorporará as cualificacións dos módulos profesionais do ciclo formativo
de grao sempre que a familia profesional á que pertence o título estea adscrita á rama de
coñecemento das ensinanzas universitarias oficiais de grao en que se solicite ser admitido, de
acordo co disposto no Anexo III desta convocatoria sobre o acceso á universidade dende a
Formación Profesional.
Os parámetros de ponderación (“a” ou “b”) dos módulos serán iguais a 0.1 para o acceso ás
ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia.
i) Titulados con estudos equivalentes a Ciclos Formativos (LOE)
Os estudantes que acrediten estar en posesión dos títulos da formación profesional de
sistemas educativos anteriores (técnico superior de formación profesional de segundo grao e
técnico superior de módulos profesionais de nivel 3 ou títulos equivalentes). A nota media do
expediente académico calcularase de acordo co disposto na Resolución do 4 de xuño de 2001
da Dirección General de Universidades, pola que se establecen as normas para o cálculo da
nota media do expediente académico dos alumnos/as que acceden ás ensinanzas
universitarias conducentes á obtención de títulos oficiais dende a Formación Profesional.
Os estudantes que acrediten estar en posesión de estudos cursados no estranxeiro e validados
por Formación Profesional. A nota media do expediente académico de Formación Profesional
calcularase de acordo co disposto na Resolución do 7 de maio de 1996 (BOE do 15 de maio).
Si antes con la ponderación 0,1 era muy dificil acceder a medicina en santiago, ahora sin ponderación es ya imposible. Nos han cerrado las puertas en las narices el día en que empiezan las preinscripciones.....Se convierte en la comunidad que más beneficia a los bachilleres, además este año 400 plazas.